segunda-feira, 15 de abril de 2013

Mostra Teatro Ensino Secundario

Cartel anunciador da Mostra
Gañador: Aarón González -4ºESO (colexio Eduardo Pondal)


Aínda non sabiades que a vindeira semana vai celebrarse no noso cole a 17ª Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo???

Vai ser todo un acontecemento!!!
Poderemos disfrutar das distintas representacións teatrais nas que os moz@s de varios centros de Cangas, Moaña, Bueu e Marín levan traballando arreo dende principio de curso e recibiremos a visita como público asistente á Mostra doutr@s rapaces dos anteditos centros.
Esperamos que esta experiencia sexa do voso agrado.
E, como non, desexar especialmente "moita merda"  a todos os compoñentes do noso grupo de teatro.




Aquí embaixo podedes ver a programación para todos os días:














domingo, 10 de março de 2013

"BOCADOS DE LINGUA"

O venres 8 de marzo os alumnos do Proxecto realizaron unha nova actividade creativa que bautizaron como "Bocados de lingua". Para tal tarefa "okuparon" o laboratorio e montaron "unha cociña atípica" cunha plancha eléctrica, un fornelo de camping gas e varios utensilios necesarios  para  o desenvolvemento de  distintas e suculentas propostas culinarias, ao tempo que traballaban o vocabulario relacionado co tema.
Todos traballaron con entusiasmo e incluso recibiron, nalgúns casos, axuda de profas e noutros, a visita  dalgúns profes e alumnos que se achegaron atraídos polo recendo.
Estes foron os manxares preparados:

  • empanadillas de verduras e salchicas
  • montadiños de ovos de paspallás e xamón serrano con salsa brava
  • poliños e ratiños de ovo cocido
  • allos porros á grella con chacina
  • doces de arroz con leite bañados en chocolate
  • brochetas de froita con xamón serrano e queixo.
Boas ideas para sorprender os amigos nunha comida ou cea informal. APUNTÁDESVOS?

Preparando o mollo das empanadillas
María, toda unha mestra cociñando

Que coloriña tan apetitosa colleron!

Dános pena comelos!!!
Ata Rani se atreve co deseño animal!


A fritir ovos de paspallás!



Chegoulle a hora ós allos porros...



Que xeito cortando a froita!
Preparar brochetas ten o seu aquel!


 Todo esforzo ten o seu resultado. Ollade que bocados!!!:









E, como non, chegou o momento máis esperado: A DESGUSTACIÓN!!!






segunda-feira, 4 de março de 2013

LETRAS GALEGAS 2013


Nesta ligazón podes obter máis información sobre o homenaxeado:
http://robertovidalbolano.org/

O MERDEIRO E O ENTROIDO VIGUÉS

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Preme neste enlace e atoparás resposta ao concepto de Normalización Lingüística e distintas actuacións ao respecto:
http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php

ENTROIDO 2013

Os días 5, 6 e 7 de febreiro, dende as 12:15h ata as 13:30h, os alumnos do proxecto visitaron todas as aulas de Primaria para dar a coñecer e explicar algúns dos traxes propios do entroido ourensán , que eles mesmos confeccionaran o curso pasado, e introducir dous personaxes novos este ano: a figura do merdeiro de Vigo e dos mascalleiros ou farrapeiros do Morrazo. Como mestres actualizados acompañaron as súas explicacións cun power-point ilustrativo.

Explicacións na aula de 4ºB

Foto dos alumnos do proxecto "Fala coa túa lingua"

As nosas mascalleiras prefes!!!

Que formaliños os alumnos de 3ºB!!!

O primeiro merdeiro do Pondal e do Morraso!!!

Unha pantalla (Xinzo), un vergalleiro (Sarreaus),o criado (Salcedo)  e mailo peliqueiro  (Laza )

segunda-feira, 17 de dezembro de 2012

SOLTAR A LINGUA


Ao longo deste curso imos recompilar frases feitas moi usadas en galego, sobre todo, da nosa zona co fin de recuperar o saber e sabor popular. 
A ver que vos parece como presentan algunhas os alumnos deste proxecto.